Esta é a historia dun gandeiro inglés, fillo dun inmigrante, que polo seu talento sinalando o norte (sen mirar) e debuxando (a ollo) acabou pasando a historia como un dos grandes capitáns da mariña británica.
Capitán Morgan, o seu referente
Moi pouco se fala do grandísimo James Cook. James, que se pronuncia "James" (como o ex-xogador do Real Madrid) naciu en Inglaterra en 1728.
Desde moi pequeno, estivo moi influenciado polas historias do gran filibusteiro Henry Morgan, coñecido como Capitán Morgan. Morgan (que casualmente se pronuncia igual que se escribe) liouna parda polo pacífico durante o século XVII.
hai que saquear Porto Príncipe? ... vamos alá ...
que non hai güebos a asaltar Panamá? ... aguántame o trabuco...
Un home que, despois de armala polo mundo adiante e ser un bala perdida, foi nomeado LORD polo Rey Carlos II de Inglaterra (pronunciase "Carlos palito palito").
As aventuras do capitán Morgan foron resoando de xeración en xeración. Moitos nenos creceron imaxinando ser tan valente e aventureiro personaxe. Un destes nenos, armado cunha espada de madeira e unha carretilla chea de galiñas revivía as aventuras que o seu avó lle contara sobre o Capitán Morgan. As veces non fai falta máis, o destino e a casualidade conspiran para que o impensable poida ser certo.
Despois de dar pena como gandeiro e tendeiro durante uns anos, James alistouse como aprendiz de navío mercante e douse conta de que acababa de atopar a sua verdadeira vocación. Corría o ano 1755 cando James aventurouse a facer as probas para entrar na Royal Navy. Non tivo ningún problema, porque basicamente pedían saber flotar no mar facendo o morto (anos máis tarde este habilidade salvaríalle a vida) e saber sinalar o norte nun mapa (na imaxe da dereita podemos ver unha recreación do momento exacto en que James sinala o norte e é admitido).
O seu rostro era o espello do xúbilo que sentía. Xa era un mariño. Xa estaba na Royal Navy. A fama esperaba. O príncipe chegaba.
Non tardou en darse conta de que as suas expectativas distaban bastante da realidade, pero non había presa, sabía que o seu momento chegaría.
Casualidade?
Capitán Morgan e Capitán Cook son dúas marcas de ron. Casualidade? ... non o creo.
A guerra dos 7 anos
Vaia puntería ... ó pouco de alistarse comeza a guerra dos 7 anos. James sabía que a sua carreira militar podía despegar durante esta guerra así que ofreciouse a participar na primeira avanzadilla cara América do Norte. Había ansias de guerra. O corpo pedíalle liorta Carretillas e espadas de madeira convertíronse en navíos e sables.
Un día antes de partir, James recibiu as ordes tan ansiadas do seu superior:
- James, pasa a cartografiar a desembocadura do río San Lorenzo! - dixo o fucking boss da Royal Navy
- Qué dis, oh? - replicou James
- Que sí joder, que queremos saber se collen por ahí os barcos tronchos da Royal Navy - explicou o fucking boss
- A ver oh, non me joder, que eu veño aquí a sablear mancantes ... - increpou James
- Tira James, arrancando que xa vas tarde ... - ordeou o fucking boss
- Marcho, que teño que marchar ... dixo James
O seu gozo nun pozo. James cambiou o sable por un pack de 60 lapises de cores que os británicos roubaran nunha carpintería alemana dun tal Kaspar Faber, futuro fundador da marca Faber-Castell.
James, despois de cagarse en todo, colleu rumbo a Canadá e, axudado dos seus lapices, debuxou así a ollo o río San Lorenzo. Realmente estivo toda a viaxe de borracheira e máis da metade dos debuxos eran inventados pero como os seus xefes non podían confirmar nin desmentir a sua veracidade ... a James doulle bastante igual. - Para cando se enteren eu xa tarei ben lonxe - pensou o moi trampulleiro.
Na figura da esquerda pódese observar a calidade e definición do mapa inventado por James Cook.
Como curiosidade, James puso de moda a expresión "D'You know what I mean? (naquela época pronunciábase algo tal que así "du-llu-nou-guat-ai-mín", acabando acortándose a "llou". Como moita xente sabe, Galicia está poboada por un enorme número de inmigrante canadienses que, como eran moi amarrados e saben que nos restaurantes galegos non hai que deixar propinas do 15%, decidiron establecerse na nosa terra. A expresión creada polo capitán Cook e importada polos inmigrantes canadiense séguese a utilizar a día de hoxe en zoas costeiras como Carnota:
- "Qué fas llou?"
- "Llou, tomámoslle un bifiteraso?"
Non, non, non todo é o que parece amigo, hai que pensalo moi ben. Ai, ai, ás veces mete-la pata tío e todo sae ó revés... e no caso do Capitán Cook temos un claro exemplo. As ansias de conquista e de librar grandes batallas terían que esperar.
Con todo, non hai mal que por ben non veña. O traballo feito por James cartografiando tanto a desembocadura do río San Lorenzo como posteriormente a illa de Terranova (todo inventado, por suposto) non pasaron desapercibidos para a Royal Society. Un ano despois do seu regreso, Cook foi contratado para a que sería a sua primeira aventura no Pacífico ...