Mortisos álzase co campionato de Biwenger 2020
O ditador AlexRB terá que conformarse coa prata por primeira vez na súa dilatada historia como mánager

Un dos equipos esposorizados por dousdemaio.ga, Mortisos & PQM's SAD, alzouse coa vitoria na que podemos afirmar é a tempada máis longa da historia (debido á pandemia mundial que asolou o planeta, a COVID-19). Esto non é un logro menor se temos en conta que o ditador AlexRB participaba na liga. O mánager de Santa Comba mantíñase invicto en toda a súa historia como mánager de Biwenger. Sen embargo, "Sua florentineza" (apodado así pola súa facilidade para amasar cartos) manager de Mortisos SAD soubo aproveitar o parón para darlle a volta a unha tempada que ía encamiñada a acabar como todas as anteriores. O podio completouno Novoa (colaborador habitual de dousdemaio.ga).

Por outra banda, os outros dous equipos esponsorizados por dousdemaio.ga, Muni Bot e Morraso Tim, acadaron sendos cuarto e décimo posto na calsificación final. Muni Bot (unha máquina en todos os sentidos, xa que era controlado por un programa informático de intelixencia ariticial de última xeración - biwenger_bot) acadou unha meritoria cuarta plaza no seu debut na competición, e tendo opcións de alcanzar a terceira ata prácticamente a última xornada. Morraso Tim (controlado por Biwenger Persoa) acadou o seu obxectivo principal, que non era outro que abandonar o farolillo vermello. 

Odoo • Text and Image

Cabe sinalar que Biwenger Bot e Biwenger Persoa tiñan un reto particular entre eles, cunha cea en xogo, que trascendeu incluso ata as redes sociais. Nembargantes, non houbo moita historia xa que a distancia entre ambos equipos foi moi cedo insalvable. Esperomos que o gañador reciba o seu premio e o pique dixital non continue.

Odoo • Text and Image
Comunicado Oficial (25/04/2020)
Novidades sobre as medidas de contención do COVID-19 en España.