A revolución dos burgueses

Comercio e liberdade

Unha serie de conclusións extraídas dunha análise pouco rigorosa, sesgada e moi subxectiva de cómo chegamos a comprar papel hixiénico por Amazon.

Orixe do comercio

Nos albores da civilización, as xentes cultivaban e alimentaban aos seus animais, cada un servíase para sí mesmo e para os seus.

Chegou un día que un jicho viu que lle sobraban kiwis e ó do lado gustábanlle moito os kiwis entón deixoulle kiwis a cambio dunha retribución.

Durante a época clásica os fenicios plantaron o xerme da globalización, os gregos vestírono bonito e os romanos petárono.

Feudalismo

Daquela existía unha dualidade clara que dividía a poboación en dous segmentos, a nobreza e os campesiños.

A inmensa maioría era campesiña, plantábanche o seboliño (pois pataca daquela non había) e metíanlle paus polo cú aos bois. Cada un facía o seu e dáballe unha parte ao seu señor.

Algúns eran de esquerdas e morreron de asco ou traballando con callos nas mans. Pero os de dereitas venderon os seus kiwis por todo o reino e prosperaron. Despois chamáronlles burgueses.

A nobreza ostentaba o poder, iba a misa e tramaba movidas seguido.

Odoo • Text and Image

Revolución francesa

Un día unha tipa en tetas tomou a Bastilla e cortáronlle a cabeza ao rei. Tiveron huevos os gabachos, e imos nós e perpetuámoslles o seu linaxe divino no poder in saecula saeculorum.

O caso é que os burgueses que vendían kiwis son agora os que mandan e de aí que sexa Pdr Snchz quen nos mande quedar na casa hoxe. O que importa é que agora podes ser todo o que ti queiras e gañarte a vida a pulso.


Revolución industrial

Logo algúns destos que estiveron finos deixáronse de ostias e puxéronse a fabricar cousas en serie. Que por certo, paréceme fatal que non se estandarizara a construcción.

Gañaron unha chea de pasta e pasaron a ser os putos amos.

Odoo • Text and Image
Odoo • Image and Text

Revolución tecnolóxica

O cambio máis radical e máis rápido que xurdiu na historia da civilización. Foi moi repentino e liderado por frikis. 

Os recursos humanos e tecnolóxicos empregáronse en desarrollar o LOL e a peña vive máis preocupada polo final de merda de Game of Thrones que polo futuro do noso planeta e da nosa sociedade.

Conclusión

"Aforrade e traballade mijiños se queredes facer algo na vida"
          Mooneyes